top of page

Quen somos?

As alumnas e alumnos de 5º curso de Primaria do CEIP Plurilingüe Graxal en O Temple-Cambre.

grupo-ninas-ninos-felices-dibujos-animad

Por que facemos o noso blog?

Porque pretendemos que sexa o escaparate onde poder amosar as nosas creacións artísticas e literarias, as nosas lecturas, a música que máis nos gusta, as películas e series que vemos, os chistes que nos fan rir, as viaxes que facemos en  grupo, ...; en fin, un lugar onde compartir as nosas creacións, fantasías e inquedanzas con todos vós. 

Esperamos que disfrutedes botando unha ollada a través desta nosa fiestra, que abrimos para vós con moitísima ilusión.

IMG_20161207_101532.jpg

Onde estamos?

O noso colexio atópase situado na parroquia de O Temple, no concello de Cambre, un concello da área metropolitana da cidade de  A Coruña. É a parroquia con maior densidade de poboación do concello pola súa cercanía á capital  e a súa idade media non chega aos 40 anos. Neste último ano xa superou os 9.000 habitantes, dos 24.000 aproximadamente que ten o concello.

Ademais os seus edificios asómanse á fermosa Ría do Burgo, disfrutando dunha belísima panorámica cara a cara coa parroquia de O Burgo, do veciño concello de Culleredo.

​

temple.jpg
bottom of page